RUTA DE LAS MENINAS DE CANIDO

As Meninas de Canido nacen pola necesidade de crear un novo barrio cheo de esperanza sobre a ruína e o abandono utilizando a arte como ferramenta.

O artista Eduardo Hermida no ano 2008 comeza unha intervención artística que deu a volta ao mundo e converteuse nun referente na arte urbana a nivel internacional.

Hoxe Canido é un barrio cheo de vida e as súas “Meninas” unha pinacoteca ao aire libre que atrae a miles de persoas cada primeira fin de semana de setembro durante o seu festival anual e transforman o barrio dunha maneira única nun espazo colorista no que centos de artistas deixaron a súa obra. Un atractivo turístico e cultural de visita obrigada se te atopas en Ferrol.

Financiado pola deputación da Coruña.

COMPÁRTEO

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies