Monteventoso-O Pieiro
No Pieiro tomaremos unha pista que en constante ascensión, vainos levar entre antigas baterías militares ao antigo observatorio meteorolóxico, desde onde se obteñen as mellores panorámicas de Ferrol, a súa ría e arredores. Volta polo mesmo camiño.