MUSEO DE HISTORIA NATURAL
O Museo de Historia Natural, xestionado pola Sociedade Galega de Historia Natural, unha entidade ecoloxista sen ánimo de lucro, é o único Museo de Natureza de Galicia.
Entre os seus fondos, achegados por particulares, destaca a maior colección de ósos de cetáceos de España e unha das mellores do mundo, con exemplares de ata 15 millóns de anos.
O espazo expositivo alberga coleccións de peles e aves, fósiles de especies terrestres e mariñas, así como exemplares de insectos, quenllas, serpes…Tamén conta cunha das maiores coleccións de cunchas mariñas do mundo. Sobresae ademásla sección de botánica, cunhas 200 pezas, con seis das mesmas incluídas no “Catálogo de árbores senlleiras” da Xunta de Galicia.
No museo utilízanse técnicas de conservación variadas, como montaxes de esqueletos, momificación de aves, dermoplástias, formolación e curtido de peles, pero sempre de animais mortos na natureza.
Moi recomendable para visitas de familias e colexios polo seu contido didáctico.