A Praia de Doniños, en Ferrol, A Coruña, acollerá do 9 ao 15 de maio a segunda edición de CABREIROÁ JUNIOR PRO FERROL 2022.
A acción comezará coas Probas Galegas, os días 9 e 10 de maio, que abrirán as portas ao primeiro e segundo clasificado das categorías masculina e feminina á proba principal.
E será o día 11 cando comece a competición para o World Junior Tour da World Surf League (WSL).
Pero o CABREIROÁ JUNIOR PRO FERROL 2022 é moito máis que un evento de surf. Durante os días de competición realizaranse diferentes actividades paralelas, e tamén se poderá gozar dunha gran variedade de foodtrucks na zona de lecer.