PARADOR DE FERROL (3*)
Situado no centro desta cidade mariñeira, naval e militar, no seu emblemático barrio da Madalena.
O hotel é un casarío típico galego de brancas galerías acristaladas, con vistas ao Arsenal e á ría de Ferrol. Na decoración das zonas comúns atoparás elementos náuticos que o fan único.
O Parador de Ferrol convida ao descanso, a descubrir esta cidade chea de historia e tamén a gozar da exquisita gastronomía galega, tanto no seu restaurante Enxebre como na galería fronte á ría, que se utiliza para grupos e eventos especiais.
O establecemento dispón de salóns para eventos, wifi gratuíto e cafetaría. Aparcadoiro: público, diante do establecemento.
Ano de construción/renovación: 2002 (mantemento anual)