Paseo de A Malata
Comezando desde o porto de Curuxeiras de Ferrol, pódese pasear ou facer deporte bordeando a enseada da Malata e gozar de fermosas vistas. A enseada da Malata rodéase enteira nun paseo dun 2 km. que conta con carril adicional para bicis/patíns/corredores…
Na Malata atópase a cidade deportiva do mesmo nome e o recinto feiral de Punta Arnela.