PENSIÓN FERROL (1*)
Sitúase no Ensanche B, no barrio de Ultramar, á beira de Porta Nova. A 5 minutos do Centro e a 20 minutos do Km. 0 do Camiño de Santiago.
Conta con 27 habitacións, algunhas con baño. Hai wifi gratuíto en todo o establecemento.
Servizos comúns: sala de estar con TV, DVD, biblioteca multilingüe, xornais, revistas e unha cociña. Tamén ofrecen almorzos.
Ano de construción: 2008