Mares para todos os gustos. Os amantes da praia e dos deportes náuticos (especialmente o surf e o bodyboard) teñen en Ferrol moito onde escoller: extensos areais de mar aberto, de fina area branca e pouco urbanizados, mansas augas de ría ou pequenas calas solitarias.
A costa de Galicia é unha das zonas con máis bandeiras azuis do mundo, distintivo que recoñece a súa limpeza, seguridade e características ambientais. En Ferrol son catro os areais que posúen este galardón: Doniños, San Xurxo, Esmelle e A Fragata.