Samaín é unha celebración de orixe celta que o cristianismo reconverteu no Día de Todos os Santos.
O Quilómetro do Terror converteuse nunha das festas con máis adeptos en Ferrol e comarca.
No barrio de Catabois organízanse múltiples actividades: concursos de escaparatismo e ambientación en locais de hostalaría, talleres de maquillaxe e decoración de cabazas, concursos de caracterización, pasacalles, tapas específicas da festa etc…