SANTA COMBA
Praia rectilínea, de 1500 m. de lonxitude e unha anchura de 25 m. De area branca, ventosa e con forte ondada.
É unha paraxe rural non urbanizada, de gran interese natural e tamén histórico, que destaca por albergar unha ermida na illa de Santa Comba. Ideal para practicar deportes náuticos, como o surf.