Museo da Semana Santa de Ferrol
O 1 de decembro de 2018 abría as súas portas o museo da Semana Santa de Ferrol. O Museo ten como obxectivo facer presente a nosa Semana Santa máis alá das datas da súa celebración. Nel pódense observar diferentes imaxes e aveños que participan na Semana Santa de Ferrol.
Actualmente existe tamén a ruta Ferrol Confrade que dá a coñecer aqueles lugares que tiveron, ou teñen, importancia histórica no desenvolvemento da Semana Santa de Ferrol.