Sendeiros de Esmelle
A AAVV de Esmelle oferta rutas guiadas para grupos (minimo 5 persoas). Máis info en www.valledesmelle.com
– ruta dos muíños
Aquí atopamos 22 antigos muíños, fontes e lavadoiros que noutros tempos formaban parte da vida cotiá dos habitantes da zona rural. Varios muíños están restaurados pola iniciativa veciñal
– ruta a poza da lagoa
Comeza en San Xoán de Esmelle e discorre por unha paisaxe verde e frondosa. Continúa o percorrido en suave pendente por un antigo camiño castrense ben conservado e na parte final desviarémonos cara ao miradoiro do Pedrouzo, onde se aprecia a beleza da Costa Ártabra.
– ruta dos sentidos
Esta ruta ofreceranos un retrato da pegada que deixaron os antigos habitantes deste fermoso val.