Concurso gastronómico que se celebra en novembro, organizado pola Sociedade Mixta de Turismo de Ferrol e a Asociación de Empresarios de Hostalaría de Ferrol e Comarcas.
En cada edición supérase o número de hostaleiros participantes (31 en 2017 e máis de 6000 tapas vendidas). O concurso premia ao tres mellores tapas en opinión dun Xurado profesional e á tapa elixida polo público. Tamén inclúe un sorteo de bonos para actividades turísticas entre os consumidores das tapas que voten a súa tapa favorita.