O evento empezou hai 16 anos con Eduardo Hermida pintando unha Menina nunha parede de Canido, un barrio de Ferrol que se atopaba un tanto abandonado, pero que hoxe se rehabilitou e é o barrio de moda, pois se converteu nun museo ao aire libre de arte urbana, cun dos festivais de street-art máis importantes de Europa.
Cada ano,Meninas de Canido, reúne ao redor de 100 artistas: pintores, fotógrafos, escultores, poetas,cineastas, actores, bailaríns e músicos… de diferentes partes do mundo.
O evento desenvolverase durante os días 1,2 e 3 de Setembro, consagrándose xa como a última gran cita do verán en Ferrol.