Iniciativa artística promovida polo pintor local Eduardo Hermida que se vén desenvolvendo nos últimos anos no barrio de Canido, xa co apoio do Concello de Ferrol e outros patrocinadores privados.
Do 30 de agosto ao 1 de setembro, desenvolverase por todo o barrio de Canido, o evento dos artistas das Meninas. É unha oportunidade única de ver como pintan novas Meninas ou restauran algunhas que se estragaron co tempo. O barrio énchese de arte, música e ambiente festivo. En total son xa máis de 300 as Meninas pintadas e consitúen unha atracción turística por si mesmas.
Para amenizar o evento organízanse actuacións musicais, talleres de fotografía e de plástica, un mercado da arte etc.