Como chegar desde Ferrol

Estrada Ferrol-Covas; pasar o núcleo de Covas, A Pedreira e tomar camiño á praia.
Ocupación media-baixa.
Servizos: aparcadoiro, posto de socorro, duchas, quioscos de tempada.

Autobús urbano ata Covas.

PONZOS

Praia virxe que se atopa nunha zona rural non urbanizada e con zonas verdes próximas. É unha praia rectilínea, duns 1400 m.de lonxitude, de area branca e fina. É ventosa e presenta importantes resacas.

Moi frecuentada polos amantes do surf e por aqueles que gustan de pasear ou correr na area mollada.

Ten unha zona nudista na parte dereita, mirando cara ao mar.

Separada só por unhas rochas da solitaria e bonita praia de Casal, pertencente a Narón e de dificil acceso por terra.

Ponzos conclúe cara a poñente en dúas praias pequenas, Medote e Sartaña

COMPÁRTEO

This post is also available in: English Spanish

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies