PONZOS
Praia virxe que se atopa nunha zona rural non urbanizada e con zonas verdes próximas. É unha praia rectilínea, duns 1400 m.de lonxitude, de area branca e fina. É ventosa e presenta importantes resacas.
Moi frecuentada polos amantes do surf e por aqueles que gustan de pasear ou correr na area mollada.
Ten unha zona nudista na parte dereita, mirando cara ao mar.
Separada só por unhas rochas da solitaria e bonita praia de Casal, pertencente a Narón e de dificil acceso por terra.
Ponzos conclúe cara a poñente en dúas praias pequenas, Medote e Sartaña