COTÉ
Horario: comidas de 12:00 a 16:30 h. e ceas de 20:30 a 23:30 h. Pecha domingos e martes pola noite.
Cociña galega caseira. Especialidade en rape en salsa verde con colas de lagostinos e ameixas, ameixas á mariñeira, cocido galego en tempada e perna de cordeiro ao forno. Menús do día. Carta segundo mercado. Comidas por encargo e para levar.