ESTATUA DO MARQUÉS DA ENSENADA
Zenón de Somodevilla e Bengoechea, marqués da Enseada (1707-1781), foi un estadista e político español da Ilustración. Ocupou os cargos de secretario de Facenda, Guerra e Mariña e Indias, entre outros. Notario dos reinos de España e Caballero do Toisón de Ouro e da Orde de Malta. Foi conselleiro de Estado durante os reinados de Filipe V, Fernando VI e Carlos III.
Grazas ao seu impulso constrúense tamén o tres grandes arsenais españois de Ferrol, Cartaxena e A Carraca, polo que a el débese realmente a existencia de Ferrol como cidade.
Esta estatua policromada é obra de César Lombera, o coñecido escultor de “As Marías” de Santiago de Compostela e da escultura de Val Inclán, en Pontevedra.