FONTE DE SAN ROQUE
Situada na zona limítrofe entre os barrios de Ferrol Vello e A Magdalena, na parte posterior da igrexa de San Francisco.
Construída en pedra, data de 1784 e é un dos emblemas de Ferrol, xa que presenta o antigo escudo da cidade. No devandito escudo, que se alza sobre unha cabeza de león, aparece unha torre cun farol e así xurdiu a crenza popular, errónea, de que Ferrol deriva de “farol”.