O CAMIÑO DO INGLÉS
Horario: de martes a sábado: 13:45 a 15:45 h Ceas: de 20:30 a 23:30 h
Restaurante Big Gourmand 2017 na Guía Michelín, distinción que se outorga aos establecementos cunha magnífica relación calidade-prezo. O seu chef, Daniel López, logrou o 1º Premio no ‘Campionato de España de Tapas 2017’ no Salón de Gourmets.
Practica unha cociña creativa e de mercado, con produtos dos que un 80% son galegos. En moitas ocasións, produto estacional, de fácil accesibilidade na praza de abastos, o que que lles permite propostas económicas pero sempre de excepcional calidade e frescura. Destaca con combinacións de productos frescas e innovadoras que potencian os sabores, emocionan e sorprenden.