O PARRULO
Horario: de luns a sábado de 13:30 a 17:00 h. e de 20:00 a 00:00 h. Pecha os mércores noite e os domingos.
Cociña galega tradicional nesta casa de gran tradición familiar. Peixes, carnes e mariscos da zona preparados de forma sinxela xa que, debido á súa calidade, non precisan complexas elaboracións.
Xornadas gastronómicas segundo tempada: lacón con grelos, lamprea e anguía, bacallau, bonito, polbo, mexillón e caza. Ampla carta de viños.