O aloxamento atópase na aldea da Graña, no termo municipal de Ferrol (parada de autobús á beira) e a un minuto a pé da praia (acceso directo). Data do s.XVIII, cando se construíu o primeiro estaleiro militar na ría de Ferrol, formando parte das súas dependencias. Foi recentemente restaurada con todas as comodidades e respectando as máximas calidades nos seus materiais e acabados.
Todas as habitacións teñen vistas ao mar e á cidade. Esta casa con encanto, con capacidade para 10 persoas, está deseñada para acoller, tanto no verán como no inverno, a familias con nenos e grupos de amigos que desexen pasar unhas tranquilas vacacións á beira do mar nunha contorna privilexiada.
Dispón de wifi gratuíto, calefacción, TV, balcón e cociña completa con lavalouzas, microondas, lavadora, secadora e ferro de pasar. O baño privado inclúe ducha ou bañeira. Conta con zona de asadeiro, terraza, cociña, salón, sala de xogos e mostrador de información turística.